Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 36 anos, Canteiro/a
Natural de Ames (A Coruña)
Veciñanza: Ortoño, Ames (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Compostela, sendo posto en liberdade.

Home de 35 anos, Dependente
Natural de Lugo (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
Dependente de Farmacia
Morto o 23 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Monforte de Lemos

Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Fuxiu e foi capturado a finais do 1938, xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado sentencia prisión 20 anos. Conmutación por 8 anos de prisión en 1940. Tiña outra aberta por deserción (non se ter presentado a filas)

Home de 26 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Rúa do Tren nº 1, A Coruña (A Coruña)
JSU
Morto o 23 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia meninxea. Aparición do cadáver na estrada A Coruña-Compostela, en Rutis-Culleredo.

Home de 32 anos, Xornaleiro/a
Natural de Coristanco (A Coruña)
Veciñanza: Verdes-Coristanco, Coristanco (A Coruña)

Causa aberta en A Coruña por mofarse da tropa co resultado sobresemento (estivo un mes en prisión)

Home de 37 anos, Cobrador/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.

José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.

Home de 28 anos, Labrego
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Nai, Paradela (Lugo)
Morto o 29 de xullo de 1937

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo.

Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de Paradela (Lugo)
Veciñanza: Nai, Paradela (Lugo)

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de absolución.

Home
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
FAI

Fuxido. Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de declaración en rebeldía.

Home de 24 anos, Empregado/a
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Calexón do Chinto-Areal-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 04 de agosto de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia e destrución cefálica intracraneal. Lugar de aparición do cadáver: Non consta

Home de 39 anos, Mariñeiro
Natural de Ares (A Coruña)
Veciñanza: Limodre, Fene
Morto o 22 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública"

Home de 32 anos, Dependente
Natural de Ames (A Coruña)
Veciñanza: Ponte Maceira, Ames (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Viveiro (Lugo)
Veciñanza: Celeiro-Viveiro, Viveiro (Lugo)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía

Home de 46 anos, Xornaleiro
Natural de O Saviñao (Lugo)
Veciñanza: Reiriz, O Saviñao (Lugo)
Morto o 26 de febreiro de 1937

Morte en Reiriz, ás 10, por disparos de Falange e a Garda Civil.

Home de 50 anos
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Auxiliar 1º -revistador- da C.A.S.T.A-Arsenal de Ferrol

Inculpado en causa militar en Ferrol por desobediencia sendo posto en liberdade

Home, Canteiro/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)
Veciñanza: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)

Tras levar preso dende 1936 nun batallón de traballadores en Pontevedra, é xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución.

Home de 55 anos, Labrego
Morto o 27 de febreiro de 1939

Morte rexistrada a causa de aneurisma de aorta na prisión de Celanova.

Home de 26 anos, Albanel
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: R/Santa María, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 06 de setembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Poco despois prodúcese a súa morte en Pontevedra, que non se rexistrará oficialmente ate xullo de 1940

Home de 23 anos, Funcionario/a
Natural de Poio (Pontevedra)
Veciñanza: Xubiño-Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
Xardiñeiro do Concello de Pontevedra

Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Previamente suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello.

Home de 30 anos, Canteiro/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: Cuntis (Pontevedra)
Militante da Unión Socialista Galega

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1944.

Home
Veciñanza: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 35 anos, Carpinteiro
Natural de Ribadavia (Ourense)
Veciñanza: Ribadavia, Ribadavia (Ourense)
Morto o 29 de agosto de 1936

Morte rexistrada en Ribadavia a causa de fractura da base do cráneo.

Home
Natural de Celanova (Ourense)
Veciñanza: Celanova (Ourense)
Concelleiro en 1936

Na prisión de Celanova en xullo de 1936.

Home de 28 anos, Mestre/a
Natural de Tomiño (Pontevedra)
Veciñanza: Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón
Morto o 03 de setembro de 1936

Morte a primeiras horas do día, rexistrada na estrada de Quiroga, km.62, en Abrence-Póbra de Brollón, a causa de disparo de arma de fogo con destrución da masa encefálica.

Home de 37 anos, Ferroviario
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)
Do Sindicato de Ferrocarrís

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Home, Obreiro/a
Veciñanza: A Gudiña
CNT, Directivo do Sindicato Único de Traballadores da Gudiña
Morto o 03 de marzo de 1937

Morte nas proximidades da Ponte de Arandos

Home de 25 anos, Curtidor/a
Natural de Mondariz (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concesión da prisión atenuada o 8-11-1940.

Home de 42 anos, Labrego/a
Natural de Paderne (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 52 anos, Fundidor
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Paderne (A Coruña)

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Praza Ferrandiz 1-1º, Ferrol (A Coruña)
Morto o 16 de agosto de 1936

Morte en Ferrol xunto a outros 15 a mans da "Fuerza Pública"

Home de 45 anos, Comerciante
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 50 anos, Labrego/a
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Paderne (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua.

Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de Paderne (A Coruña)
Veciñanza: Paderne (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado sentencia cadea perpetua

Home de 17 anos, Labrego
Natural de Miño (A Coruña)
Veciñanza: Sombreu, Miño (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sobresemento provisional

Home, Labrego
Veciñanza: Lugo (Lugo)
UR, Concelleiro

Expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas.

Home de 34 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Do sindicato de estibadores de Carril

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 38 anos, Zapateiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Cos seus irmáns en prisión e a súa irmá rapada él fuxe e permanece agochado.

Home de 28 anos, Camareiro/a
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Monforte de Lemos (Lugo)
PSOE e UGT, Presidente do Sindicato de Camareiros

Preso gobernativo en Monforte sen apertura de causa militar. Alístase ás milicias de Falange en Lugo e pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 43 anos
Natural de Asturias
Morto o 21 de novembro de 1936

Morte rexistrada en Lugo.

Home de 31 anos
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Portugal. Colaborador de "Solidaridad Obrera"
Morto o 10 de xullo de 1937

Morte rexistrada na Coruña a causa de disparos de arma de fogo.

Home de 33 anos, Militar
Veciñanza: Cartaxena
Fogoneiro preferente da Armada
Morto o 24 de xullo de 1939

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo no Arsenal.

Home de 47 anos, Diplomático
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
IR, Gobernador Civil de Pontevedra e Cónsul de Ecuador
Morto o 12 de setembro de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte e multa de 1000 ptas. Executado na Caeira-Poio, no Km.1 da estrada de Campañó

Home de 21 anos
Natural de Arzúa (A Coruña)
Morto o 28 de xaneiro de 1938

Vítima da represión en León con resultado de morte

Home
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía

Home
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía

Home
Veciñanza: Riomao-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Natural de Portugal.
Morto o 27 de xullo de 1936

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia e destrución cerebral por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Vía Pública-Vigo

Home
Veciñanza: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
Presidente da Sociedade de Labregos de Salcedo

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio. Previamente detido e posto en liberdade a cambio da entrega de 1.000 pesetas (1936).

Home de 31 anos, Funcionario municipal
Natural de Pontevedra (Pontevedra)
Veciñanza: Pontevedra (Pontevedra)
Estaba traballando no concello en 1938

Xulgado en Pontevedra por inxurias ao exército e auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 meses e suspensión do dereito a sufraxio.

A Navalla Suíza