Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Home de 44 anos
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Domaio, Moaña (Pontevedra)
CNT
Morto o 05 de abril de 1937

Morte rexistrada no Pinal do Foxo-Xinzo-Ponteareas a causa de traumatismo por disparo de arma de fogo.

Home, Obreiro/a
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)

Detido e conducido á cadea de Vigo. Uns meses despois é levado a S. Simón e finalmente a un batallón de traballadores na fronte de guerra. Os seus tres irmáns tamén sufriron a represión.

Home
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña (Pontevedra)

Rapado, purgado e detido varios meses. Finalmente é mobilizado e vai á fronte de guerra. O seus irmáns tamén vítimas da represión. Clemente, paseado; Basilio, condeado a prisión e Manuel detido sen procesamento e finalmente enviado a un batallón de traballadores.

Home de 45 anos, Obreiro/a
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: La Calzada-Xixón
CNT, Enfardador. Directivo da CNT
Morto o 05 de xaneiro de 1938

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte.

Home de 32 anos, Profesor universitario
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
PCE, Axudante de clases prácticas na Cátedra de Patoloxía Xeral
Morto o 31 de decembro de 1936

Detido en Curtis, terra da súa muller, e xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela. A súa dona Isabel Ríos en prisión

Home de 28 anos, Empregado/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: R/ s Pedro 2, Santiago de Compostela (A Coruña)
UGT, Do sindicato de empregados de comercio e banca

Fuxido. En 1939 está na Lexión cun nome falso (Antonio Iglesias Fernández), da que deserta. Presentado en Valencia. Xulgado en Compostela por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos

Home de 33 anos, Profesor universitario
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)
Catedrático de Química Orgánica e membro da xunta directiva do Padroado da Universidade

Separación definitiva do servizo. Marcha a Suecia e Inglaterra e de regreso a Galicia é ingresado por breve tempo na cadea. Rehabilitado en 1944.

Home de 21 anos, Xornaleiro
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Sigrás-Culleredo, Culleredo (A Coruña)

Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía. Pásase ao exército republicano en Asturias. Causa aberta separada por traizón en Ferrol

Home de 42 anos
Veciñanza: Lavadores-Vigo, Vigo
Morto o 01 de outubro de 1936

Rexistrado morto en O Porriño a causa de hemorraxia interna e externa. Lugar de aparición do cadáver: Lugar de Gándaras-San Salvador de Budiño (estrada de O Porriño a Tui)

Home de 57 anos, Labrego/a
Veciñanza: Taramundi
Morto o 29 de agosto de 1936

Morte rexistrada no Zarrón de Murado-Meira a causa de hemorraxias craneana e pulmonar traumáticas.

Home
Veciñanza: Vigo, Vigo
FAI, Grupo "Los Argentinos" de Candeán

Home, Mestre/a
Veciñanza: A Laxe, Fornelos de Montes

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo.

Home de 38 anos, Chofer
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Vista Alegre-Viñas, Betanzos (A Coruña)
UGT
Morto o 09 de setembro de 1936

Morte baixo da ponte do ferrocarril na Espantosa-Betanzos.

Home

Detido e enviado á fronte. Pásase ao exército republicano e acada o grao de capitán. Ao remate da guerra pasa a Francia e participa na resistencia. Finalmente exilio na Arxentina.

Home de 29 anos
Natural de Oleiros (A Coruña)
Veciñanza: Arcallana-Valdés
Morto o 06 de decembro de 1937

Executado en Luarca-Asturias

Home de 17 anos, Labrego
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Ordes (A Coruña)

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela.

Home de 37 anos, Carpinteiro
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
FAI, Da Sección de carpinteiros do ramo da construcción (CNT)
Morto o 09 de marzo de 1938

Xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Coruña, ás 6.

Home de 45 anos, Engraxador
Veciñanza: Santo Estevo-Loureda, Cesuras

Xulgado co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.

Home de 46 anos, Limpabotas
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela (A Coruña)

Xulgado en Santiago co resultado de sobresemento e mantido como preso gobernativo

Home de 19 anos, Reloxeiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Mariño de reemprazo. Tripulante do acoirazado "España".
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 25 anos, Militar
Natural de Cedeira (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Mariño. Cabo no acoirazado "España"
Morto o 26 de decembro de 1936

Xulgado en Ferrol por delito de sedición no acoirazado "España" co resultado de sentencia pena de morte. Executado no Val-Narón

Home de 31 anos, Garda municipal
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: Trav. de San Agustín, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo posto en liberdade

Home de 29 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Morto o 30 de xaneiro de 1938

Vítima da represión en León con resultado de morte.

Home de 23 anos, Albanel
Natural de Narón (A Coruña)
Veciñanza: Pedroso, Narón (A Coruña)
UGT, Bibliotecario do Sindicato agrario e de oficios varios de Pedroso, Narón.

Inculpado en Ferrol por rebelión, pasando a disposición gubernativa.

Muller de 47 anos, Traballo na casa
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
FAI, Enlace reorganización FAI-A Coruña

Xulgada en A Coruña por rebelión co resultado de sentencia absolución (decembro do 37)

, Mozo
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Mozo de limpeza do hospital da base naval de Ferrol

Inculpado en causa militar aberta en Ferrol co resultado de sobresemento da causa e cese no seu posto de traballo

Home

Multa de 5.000 pesetas conmutada por 2 meses de arresto.

Home de 28 anos, Canteiro/a
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Pontedeume (A Coruña)
Morto o 31 de agosto de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 40 anos, Labrego/a
Natural de Santa Comba (A Coruña)
Veciñanza: Santa Comba, Santa Comba (A Coruña)

Xulgado en Santiago por rebelión co resultado sobresemento

Home de 22 anos, Ferreiro/a
Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
CNT

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home, Mestre/a
Natural de A Capela (A Coruña)
Veciñanza: Vilar de Mouros, A Capela (A Coruña)

Aberto expediente de depuración.

Home de 22 anos, Axustador
Natural de Ferrol (A Coruña)
Veciñanza: R/ s Carlos 80, Ferrol (A Coruña)
Servizo como soldado de Artillaría de costa
Morto o 17 de xuño de 1937

Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home de 35 anos, Garda municipal
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: r/ Brisas de Canido nº 12 2º, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo finalmente posto en liberdade.

Home de 38 anos, Xornaleiro
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
UGT, Da Sociedade de Oficios Varios

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.

Home, Confiteiro/a
Veciñanza: Lugo
PSOE, Directivo do PSOE

Expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas.

Home

Inculpado en causa militar en Compostela por rebelión.

Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Ordes, Ordes (A Coruña)

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home
Veciñanza: O Vicedo
Directivo republicano

Detención sen proceso xudicial.

Home de 28 anos, Carpinteiro
Natural de Pontedeume (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Operario da Maestranza. Propietario do bar "La Marina"

Inculpado en causa militar por rebelión. Acaba como membro da agrupación guerrilleira Joaquín Galán, con actuación na Serranía de Ronda e morre en 1950

Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de Fene (A Coruña)
Veciñanza: Sillobre, Fene (A Coruña)

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolución

Home de 40 anos, Canteiro/a
Natural de Rodeiro (Pontevedra)
Veciñanza: Colón nº15 1º, Vigo

Formaba parte dunha partida de fuxidos. Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 35 anos, Industrial
De Alacante
Morto o 20 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 41 anos, Contratista de obras
Natural de Padrón (A Coruña)
Veciñanza: Pazos, Padrón (A Coruña)
IR, Carpinteiro
Morto o 27 de outubro de 1939

Agochado e detido en xullo do 37. Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na enfermería da prisión provincial da Coruña.

Home de 40 anos, Comerciante
Veciñanza: Carballo, Carballo

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de absolución

Home de 18 anos, Labrego/a
Natural de Negreira (A Coruña)
Veciñanza: Negreira, Negreira (A Coruña)
Directivo da Sociedade Obreira de Negreira

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Home de 22 anos, Peón
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Peon de obras. Natural de Asturias.

Inculpado en causa militar en Ferrol.

Home de 35 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol (A Coruña)
Natural de Cádiz. Mariño maquinista naval. 2º Auxiliar de Máquinas

Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de sentenza a cadea perpetua

Home de 45 anos, Cesteiro/a
Natural de León
Morto o 30 de setembro de 1936

Morte rexistrada a causa de hemorraxia meninxea. Aparición do cadáver en Montrove-Liáns-Oleiros xunto co seus parentes Antonio montoya Camacho e Manuel Jimenez Montoya.

Home de 34 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol, Ferrol (A Coruña)
Auxiliar Segundo de Artillaría. Natural de Murcia

Xulgado en Ferrol por rebelión.

Home de 42 anos, Mariñeiro
Natural de Muros (A Coruña)
Veciñanza: Maio-Esteiro, Muros (A Coruña)
Tripulación do vapor de carga "Itxas-Alde"

Xulgado en San Sebastián por adhesión á rebelión co resultado de absolución

A Navalla Suíza