Acerca de Nomes e Voces | Contacto | Licenza | Web do proxecto | Idiomas: Galego, English

Nomes e Voces

Muller de 19 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Ceboleira-San Juan del Monte-Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Xulgada por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento definitivo.

Home de 21 anos, Dependente
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Ceboleira-Lavadores, Vigo (Pontevedra)
Morto o 30 de xaneiro de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de feridas por disparos de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: cemiterio de Lavadores-Vigo

Home de 60 anos, Labrego/a
Natural de Xaén
Morto o 22 de xuño de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 26 anos, Labrego/a
Natural de A Arnoia (Ourense)
Veciñanza: Nogueiredo, A Arnoia (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de absolución e proposta de sanción gobernativa. Causa de 1936

Home, Labrego
Veciñanza: Abadín
IR, Concelleiro

Expendientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.

Home de 65 anos, Labrego/a
Natural de Málaga.
Morto o 26 de setembro de 1941

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 36 anos, Canteiro/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de absolución e a disposición do xefe da caixa de reclutas.

Home de 33 anos, Barbeiro
Natural de Celanova (Ourense)
Veciñanza: R/ Taboada Leal 2ª-1ª nº 22 4-B, Vigo (Pontevedra)
Morto o 23 de abril de 1937

Morte rexistrada na caixa de cadeas do bou "Eva" a causa de suicidio por disparo na tempa, acosado cando tentaba fuxir. Os seus irmáns Manuel Campos Méndez e Julio Campos Méndez foron asasiñados.

Home de 27 anos, Mecánico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Rúa Santiago-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 30 de xaneiro de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de lesións por disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró. Os seus irmáns, Camilo e Julio Campos Méndez tamén mortos pola represión.

Home de 30 anos, Empregado/a
Natural de Celanova (Ourense)
Veciñanza: Rúa Taboada Leal, Segunda Travesa, Vigo (Pontevedra)
Morto o 28 de xaneiro de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de disparo de arma de fogo. Lugar de aparición do cadáver: Praia de Samil-Vigo

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Nogueira de Ramuín (Ourense)
Veciñanza: Vilouxe-Cerreda, Nogueira de Ramuín (Ourense)

Xulgado en Ourense en causa aberta por averiguación de conduta co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Home de 26 anos, Mariñeiro
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: R/ do Curro, 36-3º, A Coruña (A Coruña)

Inculpado en causa militar na Coruña por rebelión.

Home
Veciñanza: Caldas de Reis, Caldas de Reis

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a América a través de Portugal.

Home de 32 anos, Mariñeiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado por rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 46 anos, Vendedor/a ambulante
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Rúa Hernán Cortés-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 21 de febreiro de 1937

Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia cerebral. Lugar de aparición do cadáver: Cemiterio de Pereiró

Home de 29 anos, Labrego/a
Natural de Lalín (Pontevedra)
Veciñanza: Cristimil, Lalín (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 25 anos, Militar
Natural de Samos (Lugo)
Veciñanza: Ferrol, Ferrol
Sarxento

Xulgado en Ferrol por traizón co resultado sentencia cadea perpetua

Home, Obreiro do Ferrocarril
Natural de Laza (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía.

Muller de 39 anos, Labrego/a
Natural de Cuntis (Pontevedra)
Veciñanza: A Estrada, A Estrada (Pontevedra)

Xulgada en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.

Home de 32 anos
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Lavadores, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional e detido e a disposción da Caixa de Reclutas.

Home de 36 anos, Metalúrxico
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Sárdoma, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.

Home, Porteiro/a
Veciñanza: Vigo (Pontevedra)

Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisorio.

Home

Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión (1937).

Home de 36 anos, Xornaleiro
Natural de Vigo (Pontevedra)
Veciñanza: Cabral, Vigo (Pontevedra)

Xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Home de 33 anos, Farmacéutico/a
Natural de O Carballiño (Ourense)
Veciñanza: Xixón, O Carballiño (Ourense)

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a 20 anos e un día de prisión.

Home de 23 anos, Militar
Natural de Moeche (A Coruña)
Veciñanza: Ferrol
Cabo no Rexemento de Artillaría de Mérida
Morto o 08 de xaneiro de 1937

Morte rexistrada en Ferrol a causa de ser pasado polas armas. Executado no castelo de s Felipe.

Home de 46 anos, Chofer
Natural de A Estrada (Pontevedra)
Veciñanza: Guimarei, A Estrada (Pontevedra)
PSOE, Presidente da Casa do Pobo

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Previamente fuxido.

Home, Soldado
Natural de Melón (Ourense)
Veciñanza: Quins, Melón (Ourense)

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Home de 66 anos, Labrego/a
Natural de Campo Lameiro (Pontevedra)
Veciñanza: Campo Lameiro (Pontevedra)
Alcalde de Campo Lameiro
Morto o 27 de setembro de 1939

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte por enfermidade (neoplaxia) na Illa de S. Simón.

Home de 33 anos, Garda municipal
Veciñanza: R/ Real 97-3º, Ferrol
PSOE, Natural de Cádiz
Morto o 05 de marzo de 1938

Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.

Home, Canteiro/a
Natural de Forcarei (Pontevedra)
Veciñanza: Soutelo de Montes, Forcarei (Pontevedra)
UGT, Sociedade de Labregos e Oficios Varios "La Unión Redentora" de Soutelo. Labor sindical en Madrid

Desaparición en Madrid finalizada a Guerra.

Home, Canteiro/a
Veciñanza: Forcarei (Pontevedra)
Anarquista

Fuxido no monte, pasa á zona republicana a través de Portugal e combate no exército republicano. Marcha a Francia ao rematar a guerra, sendo internado no campo de concentración de Tarne et Garonne.

Home
Veciñanza: Moreira, A Estrada (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra co resultado de sobresemento da causa.

Home de 39 anos, Funcionario/a
Veciñanza: Ribadeo
Oficial de correos, xefe en Ribadeo

Detención sen proceso xudicial. Sete meses despois de saír en liberdade rexístrase a súa morte a causa de colapso o 30-03-1937.

Home
Natural de Forcarei (Pontevedra)

Loita no exército republicano e ao remate da guerra internado no campo de concentración de Barcares-Francia

Home de 32 anos, Ferroviario
Veciñanza: Cerdido
Natural de Salamanca. Empregado do Ferrocarril. Secretario da sociedade Loitas Labregas
Morto o 06 de setembro de 1936

Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Home de 77 anos
Morto o 02 de xaneiro de 1940

Preso no campo de concentración da Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 70 anos
Natural de Guadalaxara
Morto o 31 de decembro de 1940

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home de 40 anos, Xornaleiro/a
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)

Causa aberta en A Coruña por auxilio á rebelión.

Home de 38 anos, Labrego
Natural de Cambre (A Coruña)
Veciñanza: Cambre, Cambre (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento

Home de 25 anos, Xornaleiro/a
Natural de Carral (A Coruña)
Veciñanza: Vioño, A Coruña (A Coruña)

Xulgado en A Coruña por rebelión co resultado de sobresemento.

Home de 23 anos, Militar
Veciñanza: Ferrol
Natural de Cartaxena. Mariño Fogoneiro do "Baleares"

Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolto e en liberdade

Home de 67 anos, Zapateiro
Natural de Badaxoz
Morto o 18 de abril de 1941

Preso na Illa de San Simón, onde é rexistrada a súa morte por causas naturais.

Home, Mestre/a
Veciñanza: Sanxenxo, Sanxenxo
Mestre de Dorrón nº 1. Sociedade Agrícola "El Adelantado"

Suspendido de emprego e soldo en setembro do 1936.

Home de 21 anos, Peón
Natural de Ourense (Ourense)
Veciñanza: Guizamonde, Ourense (Ourense)

Xulgado en Ourense por auxilio á rebelión co resultado de absolución.

Home de 23 anos, Carpinteiro
Natural de Ordes (A Coruña)
Veciñanza: Ardemil, Ordes (A Coruña)

Xulgado en Asturias co resultado de sobresemento provisorio.

Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de Mazaricos (A Coruña)
Veciñanza: Vilarcobo-Coluns-Mazaricos, Mazaricos (A Coruña)

Tiña causa aberta por deserción en Ferrol, co resultado de declaración en rebeldía. Posteriormente xulgado co resultado de sentenza a 3 anos de prisión.

Home
Veciñanza: Moaña, Moaña (Pontevedra)
CNT, Afiliado a "Solidaridad Marinera"
Morto o 27 de decembro de 1936

Sacado da casa o 03/09/1936 e non se soupo máis del. Asasinado ao parecer en decembro de 1936

Home de 24 anos, Mariñeiro
Natural de Moaña (Pontevedra)
Veciñanza: Moaña, Moaña (Pontevedra)
CNT, Afiliado a "Solidaridad Marinera"

Morto no mes de decembro e o seu cadáver fondeado na ría de Vigo

Home de 34 anos, Carpinteiro
Natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Veciñanza: Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a 12 anos de prisión. Permaneceu 3 anos na cadea.

A Navalla Suíza