Man 20 years old, Driver
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)
CNT and JJLL, Sindicato da Industria Pesqueira-Sección de Camionetas de Peixe
Asasinado xunto ao seu pai Manuel Montes Don no domicilio familiar a inicios de 1938
Man 34 years old, Ship's bellboy
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Fuxiu dun barco mercante. Preso en Trier. Deportado a Mauthausen en xaneiro de 1941. Trasladado a Gusen en febreiro do 1941. Liberado en maio do 45
Man 24 years old, Military officer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Cabo de Artillaría
Xulgado na causa do "Cervera", informan que desertou na fronte de Asturias. Loitou co exército republicano. Preso en Moosburg. Deportado a Mauthausen en agosto do 1941. Liberado en maio do 1945. Sobrevivinte
Man 28 years old, Staff member
Lived in: Nelle, letra G, A Coruña (A Coruña)
Inculpado en causa militar na Coruña, sendo posto en liberdade.
Man 37 years old, Collector
Born in Cambre (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes
diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
Man 21 years old, Sawyer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: Rúa San Luis, letra E- baixo, A Coruña (A Coruña)
JJ.LL., Sindicato de Caixonistas e Serradores da Coruña (CNT). Secretario do Ateneo Libertario "Nueva Era", centro social das JJ.LL.
Inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do delegado de Orde Pública. Morto.
Man 20 years old, Military officer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño. Chocolateiro
Xulgado en Ferrol por sedición (causa seguida contra a tripulación do acoirazado "España") co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Liberdade condicional en agosto do 1943
Man, Stoker
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Biscaia
Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido. Posteriormente preso en 10/38 e condeado por rebelión militar a prisión 12 anos e 1 día
Man 28 years old, Seaman
Born in Ponteceso (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Vogal de "El Despertar Marítimo" en 1935
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de sentencia cadea perpetua, despois de ser declarado en rebeldía e fuxido. Detido en 1939. Indulto en 1946
Man, Shop assistant
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido
Man 23 years old, Stoker
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)
CNT
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de declaración en rebeldía. Finalmente, detido en Asturias e, tras pasar pola Comisión Clasificadora de prisioneiros de Xixón, é posto a disposición do comandante militar para que o pasaporte a un campo de prisioneiros
Man, Seaman
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Sindicato de Instura Pesquera. "El Despertar Marítimo"
Xulgado en Ferrol por rebelión militar (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de sentencia cadea perpetua, despois de ser declarado en rebeldía e fuxido. Detido en 1939. Indulto en 1947
Man 23 years old, Mechanic
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT, Vogal do Sindicato de Mecánicos en 1933-34
Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída pola desaparición do vapor "Sagrado Corazón de Jesús") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido. Embargo de todos os bens por peza de responsabilidades civís en outubro do 1940
Man 39 years old, Tram driver
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: Rúa Orzán, 20-2º, A Coruña (A Coruña)
CNT, Presidente do Sindicato de Tranviarios
Detido e inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento provisorio e a disposición do delegado de Orde Pública. Semella que foi paseado
Man 25 years old, Military officer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño Cabo Radiotelegrafista do submariño B-6
Xulgado en Ferrol por rebelión (causa instruída contra a tripulación do sumariño "B-6") co resultado de sentencia pena de morte conmutada por cadea perpetua. Conmutada por 8 anos en decembro do 1940
Man 33 years old, Ship's bellboy
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía
Man 55 years old, Ship's bellboy
Born in A Pobra de Trives (Ourense)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía
Man 43 years old, Ship's bellboy
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía
Man 62 years old, Ship's bellboy
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía
Man 42 years old, Ship's bellboy
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída pola deserción de varios individuos de buques mercantes) co resultado de ser declarado fuxido en rebeldía
Man 25 years old, Industrialist
Born in Ribadeo (Lugo)
Lived in: R/ s. Roque, A Coruña (A Coruña)
Traballaba no negocio familiar de fábrica de lixivia.
Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de declaración en rebeldía.
Man 59 years old, Chief pilot
Born in A Pobra do Caramiñal (A Coruña)
Lived in: Sta Lucía 18-A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída polo secostro e fuxida do Constante Veiga nº 5) co resultado de sentencia en rebeldía fuxido
Man 41 years old, Fish transport agent
Lived in: Avda. Primo de Rivera, 10, A Coruña (A Coruña)
CNT, Natural de Valencia. Dirixente da sociedade patronal de Exportadores de peixe. Presidente do Ateneo Popular Coruñés
Xulgado en Ferrol por sedición co resultado de declaración en rebeldía.Fuxido a Francia e logo volta loitando a prol da República.
Man 27 years old, Military officer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Mariño de reemprazo da dotación do Destructor "Velasco". Garda municipal de profesión
Xulgado en Ferrol (causa instruída contra a dotación do Contramestre Casado) co resultado de sobresemento provisional e queda en liberdade
Man 31 years old, Baker
Born in Arteixo (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
CNT
Agóchase en Arteixo e dende A Coruña fuxe nun barco e ábreselle proceso, sendo declarado en rebeldía. Tras pasar anos en Francia volve en 1945. Detido e xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Tras pasar uns anos na cadea é indultado, pero é constantemente detido sen encausamento, especialmente cando visita a cidade algunha autoridade relevante do Réxime.
Man 32 years old, Staff member
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por traizón (causa pola fuxida do "Conchita") co resultado de ser declarado en rebeldía e fuxido
Man 35 years old, Seaman
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña, A Coruña (A Coruña)
Tripulación do vapor "Fernando L. de Ybarra"
Xulgado en San Sebastián por rebelión (causa instruída contra a tripulación do vapor "Fernando L. de Ybarra") co resultado de sentencia absolución e queda en liberdade vixiada