About Nomes & Voces | Contact | License | Project's Website | Languages: Galego, English

Nomes & Voces

Man 28 years old, Tailor
Born in Lousame (A Coruña)
Lived in: Ons, Brión
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Man 29 years old, Assistant nurse
Born in Lugo (Lugo)
Lived in: Lugo (Lugo)
IR, Directivo de IR en Lugo
Morto o 21 de october de 1936

Xulgado en Lugo por traizón co resultado de sentenza a pena de morte e multa mancomunada de 1'5 millóns de ptas. Executado en Lugo, ás 18:00.

Man 37 years old, Collector
Born in Cambre (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.

José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.

Man 47 years old, Diplomat
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: Pontevedra (Pontevedra)
IR, Gobernador Civil de Pontevedra e Cónsul de Ecuador
Morto o 12 de septembre de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte e multa de 1000 ptas. Executado na Caeira-Poio, no Km.1 da estrada de Campañó

Man 28 years old, Municipal civil servant
Born in Pontedeume (A Coruña)
Lived in: Pontedeume (A Coruña)
IR, Funcionario do concello de Pontedeume.
Morto o 18 de august de 1936

Morte por feridas de arma de fogo rexistrada en Pontedeume. Aparición do cadáver en A Capela-Pontedeume.

Man 31 years old, Doctor
Born in Rianxo (A Coruña)
Lived in: Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
IR
Morto o 14 de august de 1936

Rexistrado en Palas de Rei morto a causa de "disparos". Lugar de aparición do cadáver: beira da estrada proximidades do lugar de Saá-Meixide-Palas de Rei

Man, Teacher
Lived in: Lugo (Lugo)
IR, Profesor de Instituto e concelleiro

Detido sen procesamento xudicial.

Man 30 years old
Born in Vimianzo (A Coruña)
Lived in: Vimianzo, Vimianzo (A Coruña)
IR, Alcalde de Vimianzo

Agochado preto da súa casa até que se entrega en 1950. Reábrese o proceso, xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a 15 anos de prisión, sendo inmediatamente indultado.

Man 46 years old, Shopkeeper
Lived in: Vilasobroso, Mondariz
IR, Natural de Portugal.

Inculpado en causa militar en Vigo.

Man, Teacher
Lived in: Lugo (Lugo)
IR, Catedrático de Instituto e concelleiro

Expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas.

Man, Agricultural technician
Lived in: Abadín
IR, Concelleiro

Expedientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.

Man, Teacher
Lived in: A Fonsagrada (Lugo)
IR, Concelleiro

Expedientado e sancionado por responsabilidades sociais e políticas.

Man, Teacher
Born in Arbo (Pontevedra)
Lived in: Arbo (Pontevedra)
IR
Morto o 08 de november de 1936

Preso en San Simón, sacado da cadea e paseado en Tenorio-Cotobade. Será separado do servizo e baixa do escalafón de mestre despois da súa morte en outubro do 1937

Man 30 years old, Postman
Born in Sarria (Lugo)
Lived in: Arxemil, Sarria (Lugo)
IR, Concelleiro. Do Sindicato de Comunicacións

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Man 57 years old
Born in A Fonsagrada (Lugo)
Lived in: A Fonsagrada (Lugo)
IR

Malleira e amenazas ca fin de atemorizalo.

Man,
Lived in: A Fonsagrada (Lugo)
IR, Directivo de IR

Expedientado e sancionado por responsabilidades sociais e políticas.

Man 30 years old, Teacher
Born in Ponteceso (A Coruña)
Lived in: Escarabote, Boiro
IR, Concelleiro en Boiro
Morto o 23 de february de 1937

Morte rexistrada a causa de hemorraxia interna. Aparición do cadáver en Compostela.

Man 58 years old, Doctor
Born in Pontevedra (Pontevedra)
Lived in: Tui
IR
Morto o 30 de october de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte.

Man 52 years old, Lawyer
Lived in: Ares
IR, Secretario do Concello de Ares
Morto o 10 de august de 1936

Morte rexistrada a causa de feridas producidas por balas. Aparición do cadáver en Pontedeume. Expediente de Responsabilidades Políticas co resultado de 200 pesetas de sanción.

Man, Agricultural labourer
Lived in: Láncara
IR, Directivo de IR

Expediente por responsabilidades políticas co resultado de sanción.

Man 36 years old, Teacher
Lived in: Porto do Cabo-Vilarrube, Valdoviño
IR, Natural de Badaxoz. De FETE-UGT
Morto o 25 de august de 1936

Morto en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".

Man, Industrialist
Lived in: Vilalba
IR, Concelleiro

Expedientado e sancionado por responsabilidades civís ou políticas.

Man 35 years old, Teacher
Born in Lugo (Lugo)
Lived in: Parada, A Cañiza
IR

Xulgado en Vigo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional. Separado do servizo e baixa no escalafón o 11-05-1940. Marido da Alcaldesa da Cañiza, María Gómez, tamén represaliada.

Man 36 years old, Stonemason
Born in O Porriño (Pontevedra)
Lived in: O Porriño (Pontevedra)
IR, Membro da Casa do Pobo

Tras estar fuxido dende 1936 é xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.

Man, Farmer
Lived in: Quiroga
IR

Detención sen procesamento xudicial.

Man 44 years old, Farmer
Born in Becerreá (Lugo)
Lived in: Eixibrón-Tortes, Becerreá (Lugo)
IR, Concelleiro en 1931
Morto o 13 de may de 1938

Declarado en rebeldía e fuxido, entrégase, retómase o proceso e é xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Lugo, ás 6, nas tapias do cuartel da Garda Civil.

Man, Farmer
Lived in: Abadín
IR, Concelleiro

Expedientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.

Man, Vet
Born in Becerreá (Lugo)
Lived in: Becerreá, Becerreá (Lugo)
IR, Directivo de IR

Fuxido e agochado en varias casas de toda a provincia

Man 36 years old,
Born in Negreira (A Coruña)
Lived in: Negreira (A Coruña)
IR

Estivo agochado un tempo. Xulgado en Santiago de Compostela por rebelión co resultado de sentencia prisión 12 anos e 1 día. Ingresa na cárcere de Santiago en xaneiro de 1941. En 1946 trasladado á Prisión de El Dueso

Man 55 years old, Seafarer
Born in Riotorto (Lugo)
Lived in: Riotorto (Lugo)
IR, Piloto da mariña civil. Alcalde de Riotorto

Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Man, Student
Born in A Pontenova (Lugo)
Lived in: Figueirúa, A Pontenova (Lugo)
IR

Agochado na casa tralo golpe e a detención do seu pai. Despois entrégase e é obrigado a ir á guerra.

Man 31 years old, Teacher
Born in Redondela (Pontevedra)
Lived in: Cangas
IR, Mestre no Pósito de mariñeiros de Cangas

Expediente de depuración co resultado de suspensión de emprego e soldo. Preso na Illa de San Simón e nun campo de refuxiados en Franza. Exíliase en México.

Man 55 years old, Doctor
Born in Redondela (Pontevedra)
Lived in: Redondela (Pontevedra)
IR
Morto o 12 de november de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de condena a pena de morte. Executado en Pontevedra e rexistrada a súa morte como a causa de hemorraxia interna.

Man 37 years old, Sales agent
Lived in: Xixón
IR
Morto o 20 de july de 1938

No exército republicano. Xulgado no campo de Camposancos co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Tui

Man 37 years old, Sales agent
Born in O Barco de Valdeorras (Ourense)
Lived in: O Barco de Valdeoras, O Barco de Valdeorras (Ourense)
IR, Alcalde
Morto o 10 de november de 1936

Xulgado en Ourense por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Execución no Campo de Aragón-Ourense.

Man 51 years old, Shopkeeper
Born in Vigo (Pontevedra)
Lived in: Vigo (Pontevedra)
IR, Alcalde de Vigo en 1931 e presidente da agrupación local de IR
Morto o 10 de december de 1936

Xulgado en Vigo por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Tras estar fuxido acaba morrendo de cancro de estómago en estado de semi-abandono no Hospital Municipal de Vigo.

Man 29 years old, Shop assistant
Born in Cerdedo (Pontevedra)
Lived in: Cerdedo (Pontevedra)
IR, Secretario de IR en Cerdedo. Estudante e dependente da farmacia familiar.

Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a prisión 20 anos. Conmutación e extinción o 30-09-1939. A súa familia perde a farmacia e marchan de Cerdedo.

Man, Municipal civil servant
Born in Cerdedo (Pontevedra)
Lived in: Cerdedo, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Tesoureiro do Concello e Concelleiro

Prisión durante 4 anos a partir de 1941.Salvara de ser asasinado.Agochado e fuxido a Cuba e Estados Unidos de América, de onde volta coas Brigadas Internacionais.Ao remate da guerra no Campo de concentración de Argelès.Fuxido de novo e deportado.

Man, Shopkeeper
Born in Cerdedo (Pontevedra)
Lived in: Castro, Cerdedo (Pontevedra)
IR, Presidente de IR .Dirixente da Sociedade de Labregos e Canteiros de Castro

Fuxido no monte, marcha a Cuba e logo Bos Aires a través de Vilagarcía. Incoado expediente de responsabilidades políticas en 1940.

Man
Lived in: Negreira (A Coruña)
IR

Detido 24 horas e multa de 50 ptas.

Man 42 years old, Doctor
Born in Negreira (A Coruña)
Lived in: Pontevedra (Pontevedra)
IR, Gobernador Civil de Pontevedra ate febreiro de 1936
Morto o 12 de november de 1936

Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de condena a pena de morte.

Man 40 years old, Lawyer
Born in Negreira (A Coruña)
Lived in: Logrosa, Negreira (A Coruña)
IR, Avogado e procurador. Presidente de IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Agochado no Pazo de Cotón-Negreira. Despois marcha a México e Venezuela. A súa muller, Agustina Elena Suárez Suárez, tamén procesada

Man 40 years old, Doctor
Born in O Grove (Pontevedra)
Lived in: O Grove (Pontevedra)
IR, Lider local de IR
Morto o 02 de december de 1936

Xulgado por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Pontevedra, ás 7:30, nas estrada a Campañó.

Man 31 years old, Shoemaker
Born in Santiago de Compostela (A Coruña)
Lived in: Negreira (A Coruña)
IR

Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Tras permanecer no territorio republicano, en 1939 entrégase en Torrebaja. É ingresado no campo de prisioneiros de Zaragoza. Retómase a súa causa een Compostela sendo condeado a 14 anos e 8 meses.

Man 41 years old, Building contractor
Born in Padrón (A Coruña)
Lived in: Pazos, Padrón (A Coruña)
IR, Carpinteiro
Morto o 27 de october de 1939

Agochado e detido en xullo do 37. Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Morte na enfermería da prisión provincial da Coruña.

Man, Farmer
Lived in: Abadín
IR, Concelleiro

Expendientado e sanción por responsabilidades civís ou políticas.

Man, Teacher
Lived in: Negreira (A Coruña)
IR

Agochado na casa dun veciño. Marcha a México.

Man, Owner
Lived in: Vilalba
IR, Concelleiro

Expediente por responsabilidades políticas co resultado de sanción.

Man 36 years old, Assistant nurse
Born in Narón (A Coruña)
Lived in: Ferrol-R/Campón,8, Ferrol
IR, Director de "Renovación"

Xulgado en Ferrol por sedición (causa instruída contra o persoal do semanario "Renovación") co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Preséntase en novembro do 1945 e condeado a prisión 20 anos por rebelión militar. Indultado 10/46

Woman 31 years old, Civil servant
Lived in: A Coruña (A Coruña)
IR, Natural de Madrid. Corpo de arquiveiros e bibliotecarios. Compañeira do Gobernador Civil da Coruña, Francisco Pérez Carballo
Morto o 18 de august de 1936

Agochada en Culleredo, detida e logo posta en liberdade. Paseada nun traslado da Garda Civil. Morte rexistrada a causa de disparo de arma de fogo en peito e cabeza. Aparición do cadáver no monte da Gándara, estrada Madrid-A Coruña, a 1 km de Rábade.

A Navalla Suíza
Sponsorized by
Feder Xunta de Galicia