Page 1 of 1
Man 45 years old, Mounted police officer
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: O Seixo-Mugardos, Mugardos
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado sentencia absolución
Woman 64 years old, Fishmonger
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: Lira-Carnota, Carnota (A Coruña)
Tamén rexentou unha taberna
Xulgada en Compostela co resultado de sobresemento e internada no psiquiátrico de Conxo
Man 27 years old, Seaman
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: O Pindo-Carnota, Carnota (A Coruña)
Fuxido Bristol, Francia. Combate exército republicano. Capturado, campo de Deusto e batallón de traballadores 10 e 157 (1940). Causa aberta en Ferrol (fuxida do motor "El As" con desertores a bordo) sentencia prisión 12 anos (1941) e condicional 42
Man 44 years old, Teacher
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: Vilar de Parada-Carnota-A Coruña, Carnota (A Coruña)
Morto o 24 de march de 1937
Pedro López Vázquez exercía como mestre de escola en Vilar de Parada, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa de planta baixa que usaba para dar escola no paraxe do Campiño, na parroquia de San Mamede de Carnota. A súa tortura durou máis de un día, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os propios asasinos botáronlle por debaixo da porta unha carta aos seus país (actual casa de Virginia), para que fosen facerse cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debían facer. Aparece inscrito no libro de defuncións por “dilixencias practicadas”, (supónse que pola autoridades militar). O certificado de defunción indica que a causa da morte “no domicilio paterno” foi un “colapso", segundo a “autopsia practicada”.
Man 21 years old, Military officer
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: Lariño-Carnota, Carnota (A Coruña)
Mariño
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de prisión 4 anos. Indultado en Outubro do 1939
Man 21 years old, Seaman
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: O Pindo, Carnota (A Coruña)
Xulgado en Ferrol en varias causas militares por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol. Retorna a España e combate no exército republicano. Entrégase en Valencia e retómase o seu procesamento en Ferrol, co resultado de sentenza a 6 anos de prisión menor. A súa familia non volveu saber del, trasladándose a vaga idea da súa posible morte en Torrevieja-Alacante.
Man 25 years old, Seaman
Born in Carnota (A Coruña)
Lived in: O Pindo-Carnota, Carnota (A Coruña)
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de declaración en rebeldía. Fuxido a Bristol e integrado no exército republicano. Ao remate da guerra pasa a Franza e ingresa no campo de refuxiados de Agde-Herault cunha ferida nunha perna. Semella que a resultas desta acabou morrendo de gangrena, xa que o contacto coa familia cesou bruscamente.
Page 1 of 1