Man 36 years old, Stonemason
Born in Ames (A Coruña)
Lived in: Ortoño, Ames (A Coruña)
Inculpado en causa militar en Compostela, sendo posto en liberdade.
Man 35 years old, Shop assistant
Born in Lugo (Lugo)
Lived in: Monforte de Lemos (Lugo)
Dependente de Farmacia
Morto o 23 de august de 1936
Rexistrado morto en Monforte de Lemos a causa de hemorraxia interna. Lugar de aparición do cadáver: Monforte de Lemos
Man 27 years old, Seaman
Born in Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Lived in: Carril-Vilagarcía de Arousa, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Fuxiu e foi capturado a finais do 1938, xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado sentencia prisión 20 anos. Conmutación por 8 anos de prisión en 1940. Tiña outra aberta por deserción (non se ter presentado a filas)
Man 32 years old, Labourer
Born in Coristanco (A Coruña)
Lived in: Verdes-Coristanco, Coristanco (A Coruña)
Causa aberta en A Coruña por mofarse da tropa co resultado sobresemento (estivo un mes en prisión)
Man 37 years old, Collector
Born in Cambre (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)
IR, Figura en1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes
diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República.
José Abella Galán nace en Cambre o 19 de marzo de 1900, fillo de Luis Abella García, comerciante de Cambre, e de Elvira Galán Vidal, muller de profundas virtudes cristiás, segundo di a necrolóxica da Voz de Galicia, que casaron en Cambre en 1879. Ten 6 irmáns, Matilde, nacida antes do matrimonio dos pais, en 1877; Josefa e Matilde, de quen non temos datas de nacemento, mais que teñen que ser máis vellas que os demais irmáns, xa que figuran como madriñas deles nas actas de baptismo. Wenceslao Julio, nacido en 1892, emigrado e de quen non temos máis datos, mais que foi reclamado polo xulgado de Cambre por rebeldía; Ricardo, nado en 1895, emigrado a EEUU, morre en NY en xaneiro de 1978, e aparece como veterano das dúas guerras mundiais (dato pendente de confirmación); Francisco, nado en 1898 e finado en 1929, casado con Matilde Amil Pernas. Todos eles son netos de Luis Abella, natural de San Pedro de Lumeras, en León e de Ygnacia García, de San Tirso de Mabegondo, de profesión labregos. José casa en Pravio o 16 de Abril de 1927 con Carmen Calviño Varela, nada o 5 de novembro de 1902 e finada na Coruña o 8 de abril de 2005. Teñen 3 fillos, María del Carmen, Maruja, que nace o 27 de setembro de 1927, e aínda vive; Luis, nacido o 19 de xaneiro de 1929, e que morre pouco antes que o irmán máis novo, Francisco, que nace o 22 de abril de 1932 e morre o 8 de febreiro de 1988, e que vén sendo meu pai. José traballa na Fábrica de Gas da Coruña, como cobrador, tendo unha significativa actividade sindical e política, en 1931 foi designado adxunto para unha mesa electoral durante o bienio 1931- 32, en calidade de propietario, en 1932 como Vocal da “Sociedade de Obreros Gasistas, Electricistas, Aguas y similares”; en 1933 como Vocal do “Sindicato de Camareros Terrestres” de la CNT, en decembro dese mesmo ano foi elixido vocal segundo da Xunta directiva do Casino Republicano e como dirixente do Partido Republicano Radical-Socialista. Afiliado, segundo fontes diversas, a “Izquierda Republicana”, sendo Vicesecretario da Agrupación da Coruña en abril de 1935. En xaneiro de 1936 foi elixido representante da agrupación local do partido para asistir á asamblea provincial. En febreiro e abril dese ano foi designado candidato para elixir compromisarios para a elección de presidente da Segunda República. En xullo de 1936, coa sublevación militar, é acusado de ser un dos individuos máis afectos ao Gobernador Civil republicano Francisco Pérez Carballo. Aparece nunha listaxe da policía como militante (socio na terminoloxía da época) de Izquierda Republicana, marcado cun guión que, segundo aclara o documento, marca que aparece nunha lista reservada para o Gobernador de persoas que estaban á súa disposición para todo. Isto supón que se lle abra un Expediente de Responsabilidades Políticas, non sabemos nin a súa resolución, nin se se abriu antes ou despois do paseo. En torno a 1937 desaparece, segundo fontes familiares, cólleno na rúa da Torre, á altura que agora ocupa o número 54, posiblemente as milicias armadas “Caballeros de La Coruña” ou dos coñecidos como Japistas, paseado, e non aparece en listados oficiais de fusilados nin de desaparecidos. Atópase unha ficha de Orden Público del Gobierno Civil de A Coruña con data de 11 de xaneiro de 1938 na que figura como morto “al intentar fugarse”, informado por la Guardia Civil.
Man 24 years old, Staff member
Born in Vigo (Pontevedra)
Lived in: Calexón do Chinto-Areal-Vigo, Vigo (Pontevedra)
Morto o 04 de august de 1936
Rexistrado morto en Vigo a causa de hemorraxia e destrución cefálica intracraneal. Lugar de aparición do cadáver: Non consta
Man 32 years old, Shop assistant
Born in Ames (A Coruña)
Lived in: Ponte Maceira, Ames (A Coruña)
Xulgado en Compostela por rebelión co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Man 46 years old, Agricultural labourer
Born in O Saviñao (Lugo)
Lived in: Reiriz, O Saviñao (Lugo)
Morto o 26 de february de 1937
Morte en Reiriz, ás 10, por disparos de Falange e a Garda Civil.
Man, Stonemason
Born in Mondariz (Pontevedra)
Lived in: Gargamala, Mondariz (Pontevedra)
Tras levar preso dende 1936 nun batallón de traballadores en Pontevedra, é xulgado en Vigo por auxilio á rebelión co resultado de absolución.
Man 26 years old,
Born in Pontevedra (Pontevedra)
Lived in: R/Santa María, Pontevedra (Pontevedra)
Morto o 06 de septembre de 1936
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Poco despois prodúcese a súa morte en Pontevedra, que non se rexistrará oficialmente ate xullo de 1940
Man 23 years old, Civil servant
Born in Poio (Pontevedra)
Lived in: Xubiño-Combarro-Poio, Poio (Pontevedra)
Xardiñeiro do Concello de Pontevedra
Xulgado en Ferrol por deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Previamente suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello.
Man 30 years old, Stonemason
Born in Cuntis (Pontevedra)
Lived in: Cuntis (Pontevedra)
Militante da Unión Socialista Galega
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua. Conmutación e extinción de pena o 31-08-1944.
Man
Lived in: Pontevedra, Pontevedra (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional.
Man 28 years old, Teacher
Born in Tomiño (Pontevedra)
Lived in: Vilachá de Salvadur, A Pobra do Brollón
Morto o 03 de septembre de 1936
Morte a primeiras horas do día, rexistrada na estrada de Quiroga, km.62, en Abrence-Póbra de Brollón, a causa de disparo de arma de fogo con destrución da masa encefálica.
Man 37 years old, Railroad worker
Born in Vigo (Pontevedra)
Lived in: Vigo (Pontevedra)
Do Sindicato de Ferrocarrís
Xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional.
Man 52 years old, Foundry worker
Born in Ferrol (A Coruña)
Lived in: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 05 de march de 1938
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Ferrol, no castelo de s Felipe.
Man 23 years old, Agricultural labourer
Born in Ferrol (A Coruña)
Lived in: Praza Ferrandiz 1-1º, Ferrol (A Coruña)
Morto o 16 de august de 1936
Morte en Ferrol xunto a outros 15 a mans da "Fuerza Pública"
Man 45 years old, Shopkeeper
Born in Ferrol (A Coruña)
Lived in: Ferrol (A Coruña)
PSOE
Morto o 20 de septembre de 1936
Morte en Ferrol a mans da "Fuerza Pública".
Man 34 years old, Seaman
Born in Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Lived in: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
CNT, Do sindicato de estibadores de Carril
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Man 38 years old, Shoemaker
Born in Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Lived in: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Man
Born in Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Lived in: Carril, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Cos seus irmáns en prisión e a súa irmá rapada él fuxe e permanece agochado.
Man 28 years old, Waiter
Born in Monforte de Lemos (Lugo)
Lived in: Monforte de Lemos (Lugo)
PSOE and UGT, Presidente do Sindicato de Camareiros
Preso gobernativo en Monforte sen apertura de causa militar. Alístase ás milicias de Falange en Lugo e pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Man 43 years old
Natural de Asturias
Morto o 21 de november de 1936
Morte rexistrada en Lugo.
Man 33 years old, Military officer
Lived in: Cartaxena
Fogoneiro preferente da Armada
Morto o 24 de july de 1939
Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a pena de morte. Executado na Punta do Martelo no Arsenal.
Man 47 years old, Diplomat
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: Pontevedra (Pontevedra)
IR, Gobernador Civil de Pontevedra e Cónsul de Ecuador
Morto o 12 de septembre de 1936
Xulgado en Pontevedra por traizón co resultado de sentenza a pena de morte e multa de 1000 ptas. Executado na Caeira-Poio, no Km.1 da estrada de Campañó
Man
Lived in: Salcedo, Pontevedra (Pontevedra)
Presidente da Sociedade de Labregos de Salcedo
Xulgado en Pontevedra por rebelión militar co resultado de sobresemento provisorio. Previamente detido e posto en liberdade a cambio da entrega de 1.000 pesetas (1936).
Man 31 years old, Municipal civil servant
Born in Pontevedra (Pontevedra)
Lived in: Pontevedra (Pontevedra)
Estaba traballando no concello en 1938
Xulgado en Pontevedra por inxurias ao exército e auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 6 meses e suspensión do dereito a sufraxio.