About Nomes & Voces | Contact | License | Project's Website | Languages: Galego, English

Nomes & Voces

Man 39 years old, Municipal guard
Born in Valdoviño (A Coruña)
Lived in: r/ Canalejas nº 180 2º, Ferrol (A Coruña)

Inculpado en causa militar en Ferrol por rebelión, sendo finalmente posto en liberdade.

Man
Lived in: Vigo (Pontevedra)
Natural de Cuba

Agochado na casa dun amigo. Posteriormente na fronte de guerra, onde cae enfermo e morre

Man, Military officer
Lived in: Cádiz
Tenente coronel de Carabineiros

Xulgado en Cádiz co resultado de sentenza a pena de morte

Man 17 years old, Farmer
Born in Ordes (A Coruña)
Lived in: Ordes (A Coruña)

Inculpado en Causa militar instruída en Compostela.

Man, Military officer
Born in Tui (Pontevedra)
Tenente de Aviación

Preso nun campo de concentración

Man 62 years old, Farmer
Born in Betanzos (A Coruña)
Lived in: Castro, Betanzos (A Coruña)
Alcalde pedáneo

Inculpado en causa militar na Coruña co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.

Man, Civil servant
Lived in: Ponteareas
Xefe de Correos.

Detención na Illa de San Simón, de onde é liberado tralo pagamento dunha multa. Sancionado coa depuración do seu cargo. Ao pouco de saír marcha ao exilio en Venezuela.

Man 23 years old, Military officer
Born in Redondela (Pontevedra)
Lived in: Madrid
PSOE, Aos 18 nanos acude a Madrid e ingresa como voluntario no exército

Fixo a guerra no exército republicano con grao de oficial. Ao remate é detido e destinado primeiro á cadea e logo a un batallón de traballadores. Despois pasa de novo á cadea e finalmente, nos inicios dos corenta, é desterrado a Redondela por 2 anos en liberdade vixiada.

Man
Born in Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)
Lived in: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Detido e asasiñado xunto con outros dous homes agochados no faiado da súa casa.

Man 26 years old, Watchwo/man
Born in O Pereiro de Aguiar (Ourense)
Lived in: Mieres

No exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte. Posible conmutación por cadea perpetua

Man 18 years old
Born in Santiago de Compostela (A Coruña)
Lived in: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Morte rexistrada en Vilagarcía, producida na entrada do Cemiterio de Vilagarcía de Arousa.

Woman
Lived in: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

O seu marido, José Domingo González Boullosa, foi asasinado, e ela é detida sen procesamento xudicial até 1939. As súa fillas, todas menores, son concedidas en adopción a varias familias da provincia de Ourense, ainda que ao sair da cadea puido recuperalas.

Man 49 years old, University lecturer
Born in Monforte de Lemos (Lugo)
Lived in: Madrid
Axudante de clases prácticas de Oftalmoloxía en Madrid

Tras a guerra, cesado no seu posto. Posteriormente entrou no CSIC.

Man 42 years old, Owner
Born in Ribadumia (Pontevedra)
Lived in: Barrantes, Ribadumia (Pontevedra)
IR, Cursou estudos de dereito en Compostela sen rematar a carreira. Xuíz de Paz en Barrantes e secretario de "Izquierda Republicana" en Ribadumia

Tras eludir una tentativa de dención no seu domicilio, logra embarcarse dende Vilagarcía rumbo a Bos Aires e dende aí pasou a Francia. Voltou a Madrid, ainda co goberno republicano, para ser intervido dun cancro e volta a Francia. Xa moi enfermo e, a través da Cruz Vermella Internacional, pode voltar a súa casa en Barrantes, morrendo ao pouco tempo o 08-09-1938. A súa muller, Carmen Carbó Velilla, foi depurada no seu posto de mestra.

Woman 39 years old, Weaver
Born in Ferrol (A Coruña)
Lived in: La Calzada-Xixón
CNT, Fundadora do Sindicato de Mulleres

Xulgada en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Woman
Lived in: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada, xunto coa súa irmá Aurora, antes do asasinato do seu pai, Emilio Comesaña Sobreira

Woman
Lived in: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada, antes do asasinato do seu pai, Emilio comesaña Sobreira. A súa irmá Carmen tamén foi rapada.

Woman 15 years old
Born in Vigo (Pontevedra)
Lived in: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Rapada

Man, Pharmacist
Born in Outes ()
Lived in: Serra de Outes, Outes
Rexentaba unha farmacia por de legación do titular. Conviccións republicanas.

Desterrado a Viveiro 6 meses acusado de intrusismo profesional

Man, Shoemaker
Born in Castro Caldelas (Ourense)
Lived in: Castro Caldelas (Ourense)
Gaiteiro. Membro de Sociedade Agraria

Perseguido por Falanxe foxe aos montes da Serra de Queixa, logo preséntase e é condeado no mosteiro de Oseira, logo ao Cumial.

Man, Pharmacist
Born in Castro Caldelas (Ourense)
Lived in: Castro Caldelas (Ourense)
Axudante de farmacia

Foxe e agóchase en Pontevedra. Detido e ingresado no campo de prisioneiros.

Man 32 years old, Assault guard
Born in Pol (Lugo)
Lived in: Xixón

Xulgado en Asturias co resultado de sobresemento provisorio.

Man 58 years old, Cabinetmaker
Born in Santiago de Compostela (A Coruña)
Lived in: Conxo, Santiago de Compostela (A Coruña)
Lider histórico do movemento obreiro compostelán

No momento do golpe militar, fuxe e vive oculto nos montes da contorna, ate que en 1939 se entrega, tras o bando do gobernador Gómez Cantos, que lle permite ficar en liberdade vixiada. Condeado por responsabilidades políticas a pagar unha multa de 200 ptas e inhabilitadon a exercer cargos públicos durante seis anos. Os seus fillos Marcelino e Modesto Pasín Noya foron executados; Luis, tras varios procesos, enviado á fronte en tropas disciplinarias; Paulino foi encadeado e Florentino mobilizado forzosamente coa advertencia de ser elemento peligroso. a súa muller e fillas sofriron constantes humillacións.

Woman, Farmer
Born in Chantada (Lugo)
Lived in: Ourense

Tras sofrer malleiras, é detida sen procesamento xudicial durante 16 meses en compaña das súas fillas Luisa e Josefina González Cudeiro.

Man, Tram driver
Lived in: Alcabre, Vigo (Pontevedra)

Detido en dúas ocasión sen procesamento xudicial. A familia tivo que abonar 25.000 ptas. para que saise da cadea, debendo vender case todos os seus bens. Quedou desempregado e moitas dificultades para atopar traballo.

Man
Lived in: Vilanova de Arousa

Morte nun campo de prisioneiros en Francia. O seu irmán, Francisco Reiriz Lago, foi executado en 1936, e a súa nai Ángela Lago Vidal, foi rapada.

Woman
Lived in: Vilanova de Arousa

En 1936 é rapada. O seu fillo, Francisco Reiriz Lago é executado e o seu fillo Ramón, acaba morrendo nun campo de prisioneiros en Francia.

Man 32 years old, Watchwo/man
Born in Monforte de Lemos (Lugo)
Lived in: Xixón
UGT

Mobilizado no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Man
Born in Boiro (A Coruña)
Lived in: Ponte Beluso, Boiro (A Coruña)

Agochado durante os anos da guerra no monte. Finalmente entrégase no cuartel de Compostela. A súa muller, Manuela Creo foi detida e o seu irmán, Agustin asasinado

Woman
Born in Boiro (A Coruña)
Lived in: Ponte Beluso, Boiro (A Coruña)

Detida en relación coa fuxida ao monte do seu marido Celestino Horta Resúa, o irmán deste foi paseado.

Man 26 years old, Miner
Born in Lugo (Lugo)
Lived in: Lugo (Lugo)

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Man
Lived in: Cerdedo
PSOE

Detención durante 3 anos sen procesamento xudicial. Fuxida a Francia e ingresado nun campo de refuxiados. Participa na II Guerra Mundial e a finais de 1947 exiliado a Argentina.

Woman
Lived in: A Coruña (A Coruña)
Filla de Santiago Casares Quiroga

Detida e conducida a un hotel con temor de ser paseada. Contrae tuberculose e é ingresada, con vixiancia militar, no hospital da Mariña de Ferrol. Tras permanecer neste centro máis de 2 anos é conducida á cadea, onde permanece 9 meses.

Man 62 years old, Jeweller
Born in Lugo (Lugo)
Lived in: Lugo (Lugo)
Prateiro

Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Woman
Lived in: Trandeiras, Sandiás

Ó seu marido, antonio Fernández Vence, está fuxido, e, tras sucesivos acosos á familia, elena é detida e encadeada durante 13 meses.

Man, Seaman
Born in Porto do Son (A Coruña)
Lived in: Porto do Son (A Coruña)
CNT, Patrón e propietario da súa propia embarcación.

Sacado da casa en procesión de escarnio polas ruas de Porto do Son. Sufre malleiras no Cuartel da Garda civil. A súa muller, Carmen Allegue fuxe ao monte e os seus fillos Francisco e José son condeados a cada perpetua.

Woman
Lived in: Porto do Son (A Coruña)

Fixida temporalmente ao monte para evitar ser pelada. O seu marido, José Queiruga Carou, aldraxado e sometido a castigos corporais e os seus fillos, Francisco e José, condados a cadea perpetua

Man 28 years old, Agricultural labourer
Born in A Coruña (A Coruña)
Lived in: A Coruña (A Coruña)

Mobilizado polo exército sublevado. Pasa ao exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a pena de morte conmutada por cadea perpetua.

Man
Lived in: Pedercanai, Barro

Fuxido e integrado no exército republicano. Tras a guerra vai a Francia e e ingresado nun campo. Finalmente exilio en Arxentina. A súa fuxida provoca adetención do seu pai e da súa irmá

Woman
Lived in: Pedercanai, Barro

Detención sen procesamento xudicial ao terse pasado o seu irmán, Manuel Castro Barro, ao exército republicano. Tamén foi detido o pai.

Man 34 years old, Miner
Lived in: Turón-Mieres
PCE

Voluntario no exército republicano. Xulgado en Asturias co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Woman 15 years old
Born in Moaña (Pontevedra)
Lived in: Moaña (Pontevedra)

Ademais de vivir a morte do seu pai e sofrer constantes rexistros na casa, é levada polos represores que chegan a ameazala co paseo.

Man, Worker
Born in Moaña (Pontevedra)
Lived in: Moaña (Pontevedra)

Detido e conducido á cadea de Vigo. Uns meses despois é levado a S. Simón e finalmente a un batallón de traballadores na fronte de guerra. Os seus tres irmáns tamén sufriron a represión.

Man
Born in Moaña (Pontevedra)
Lived in: Moaña (Pontevedra)

Rapado, purgado e detido varios meses. Finalmente é mobilizado e vai á fronte de guerra. O seus irmáns tamén vítimas da represión. Clemente, paseado; Basilio, condeado a prisión e Manuel detido sen procesamento e finalmente enviado a un batallón de traballadores.

Man 23 years old, Mechanic
Born in Culleredo (A Coruña)
Lived in: Rutis, Culleredo (A Coruña)

Xulgado en Asturias co resultado de absolución

Woman
Lived in: Ribadeo (Lugo)

Detida coa súa filla Mercedes Margolles, sen procesamente xudicial. Da cadea de Lugo pasan por varias cadeas españolas e finalmente é desterrada. O seu marido, Manuel Margolles, foi condeado a pena de morte, conmutada por perpetua

Woman 23 years old
Born in Ribadeo (Lugo)
Lived in: Xixón

Xulgada en Asturias co resultado de sobresemento provisorio

Man
Born in As Nogais (Lugo)
Lived in: As Nogais (Lugo)

Sabénndose en perigo fuxe co seu irmán e agóchase en varias casas e finalmente no domicilio paterno. En represalias deteñen ao seu pai.

Man, Driver
Born in As Nogais (Lugo)
Lived in: As Nogais (Lugo)
Conducía unha camioneta nas minas de Ponferrada

Sabénndose en perigo fuxe co seu irmán e agóchase en varias casas e finalmente no domicilio paterno. En represalias deteñen ao seu pai.

A Navalla Suíza
Sponsorized by
Feder Xunta de Galicia